677 519 295
presidente@riosar.com
Campo de tiro

Quienes Somos

CONTACTO:

Presidente@riosar.com

Secretario@riosar.com

 

 

PRESENTACIÓN DA SOCIEDADE

Sociedad Deportiva Riosar

A Sociedade Deportiva “Río Sar”, é unha Sociedade deportiva sen ánimo de lucro, dependente das Federacións Galegas de Caza e Tiro Olímpico.

A nosa actividade, é unha actividade meramente lúdica na practica do tiro deportivo con armas de caza,  nas modalidades de Foso Olímpico, Foso Universal, Dobre Trap Olímpico, Recorridos de Caza y Compak-Sporting, principalmente, ademais doutras posibles actividades relacionadas co tiro.

A Sociedade Deportiva “Rio Sar”, constitúese no ano 1972, as súas primeiras instalacións estiveron ubicadas en San Lázaro, lugar no que actualmente está o Estadio Multiusos.

No ano 1992, trala expropiación de San Lázaro para construílo actual Estadio, a Sociedade adquire uns terreos de 95.000 m2, en Vilouchada, no concello de Trazo, a escasos 10 km. da capital de Galicia, buscando sempre como referente as cercanía de Santiago. Dispón dunha casa-chalet con terraza, na que se atopan ubicadas as oficinas, almacén e servicios de cafetería, restaurante así como de varias canchas de tiro totalmente automatizadas, tanto de tiro cinexético (percorridos de caza e percorridos en cancha) como de tiro olímpico (foso) e tiro o voo, casetas de almacenaxe de máquinas e pratos, dunha amplia zona delimitida para os espectadores, espacio para nenos, e aparcamento dentro e fora do recinto. As instalacións están totalmente valadas.

Na data da súa creación, A Sociedade Deportiva Rio Sar, con arranxo ás disposicións legais vixentes naquel entonces e inscríbese no Rexistro Xeral de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, no día 2 de Xullo do 1.991, con número de rexistro 3135.

Convén apuntar que a Sociedade “Río Sar”, é unha sociedade totalmente aberta a toda persoa amante do deporte do tiro, nos seus estatutos non se contempla restricción algunha á afiliación, salvo a cota anual que tódolos socios teñen que satisfacer. Así  mesmo, resaltar que os posibles beneficios das súas actividades son empregados na mellora das instalacións e no funcionamento do campo, xa que a S.D. “Río Sar” é, segundo os seus estatutos, una Sociedade Deportiva sen ánimo de lucro.

O titular da actividade que se desenvolve no Campo de Tiro “Río Sar”, é a propia Sociedade Deportiva “Río Sar”, identificada con N.I.F. número G15287733.

Podemos dicir que a Sociedade Deportiva Río Sar, é unha sociedade pioneira no tiro deportivo de Galicia, fundada no ano 1972 e conta entre os seus asociados cos máis laureados tiradores de tódalas modalidades deportivas. Ademais dende a súa fundación veñen colaborando coas distintas Federacións Deportivas, na organización de todo tipo de eventos deportivos tanto a nivel provincial e autonómico coma incluso a nivel nacional.

 

DENOMINACIÓN

–        SOCIEDADE DEPORTIVA “RIO SAR”

CENTRO ESPECÍFICO DE ALTO RENDEMENTO DEPORTIVO Y CAZA Y TIRO DEPORTIVO.

 

DOMICILIO SOCIAL

–        Lugar de Vilouchada-Chaián
–        15.687  TRAZO (A Coruña)

 

SEDE SOCIAL E INSTALACIÓNS


Ver mapa más grande

Actualmente a Sociedade Deportiva Río Sar conta coas mellores instalacións de Galicia para o desenvolvemento da súa actividade.

 

Local da sede social, de construcción prefabricada, situado no extremo máis oriental do recinto dunha superficie útil construída de 304,35 m2.

Todo elo equipado co mobiliario e aveños correspondentes para o seu  uso.

 

Instalacións anexas, formadas por 8 canchas de tiro, almacéns e galpóns.

Todo o recinto atópase pechado sobre si, mediante un cerre de chapa galvanizada e malla metálica dunha altura aproximada de 2 metros.

Nos últimos anos a Sociedade Deportiva Río Sar efectuou unha mellora das súas instalacións, co obxectivo de dar un mellor servicio ós socios.

Inverteuse na mellora do local social e no adecentamento do entorno, construíuse un galpón para almacenaxe de material deportivo e ferramentas, amañáronse  as áreas de recreo e zonas axardinadas e arraxáronse as maquinarias necesarias para o desenvolvemento dos campionatos e adestramentos.

Todo isto coa intención e o obxectivo de levar a cabo nas instalacións da Sociedade un Centro Específico de Alto Rendemento Deportivo para o deporte do Tiro Deportivo con armas de caza.